Amigos do Samaín invita a recuperar a tradición da festa cedeirense nas vivendas

Nas redes sociais

A Asociación Amigos do Samaín invita a recuperar a tradición da festa, dado que este ano non será posible «organizar xuntanzas, nin a exposición de cabazas, nin a merenda de outono», polas limitacións impostas para previr a propagación do coronavirus. «Pareceunos que este era un ano perfecto para achegarnos un pouquiño máis á tradición e gustaríanos convocarvos para facer as cabazas nas vosas casas e deixalas visibles á porta, na fiestra ou nun curruncho escuro», propón o colectivo.

Os organizadores da festa animan a facer un taller de colares de zunchos (con castañas) e outro de cabazas, que tamén se deberá desenvolver nas casas (piden que os participantes fotografen o resultado e súbano ás redes sociais de Samaín Cedeira, Facebook e Instagram, co hashtag #cabazassamain2020).

En lugar de expor as cabazas como outros anos, esta vez deberán facelo nas propias casas, á vista dos demais. E en vez do desfile, suxiren saír a pasear por Cedeira, cumprindo o límite de cinco persoas.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Politica, Politica Local, Samaín, Samaín Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.