Atopa en Cedeira un sobre con 2.000 euros e entrégao para que o recupere o seu dono

Foto de arquivo

A Policía Local puxo en contacto a ambos e agradeceu o xesto «exemplar e solidario» dun veciño da localidade

Un sobre con 2.000 euros extraviado en Cedeira logrou volver a mans do seu dono, grazas ao xesto dun veciño que o atopou casualmente. A Policía Local explicou que todo ocorreu a pasada fin de semana, cando un veciño da localidade denunciou nas súas dependencias ter extraviado un sobre cunha gran cantidade de diñeiro, que proviña da venda dun monte. A única pista era que o sobre levaba anotada no exterior a cantidade exacta que contiña, «sen nome nin outros datos», relata o corpo de seguridade. 

Ao día seguinte da perda, outro veciño, tamén de Cedeira, púxose en contacto cos axentes para informar o achado dun sobre con diñeiro. Os policías puxeron en contacto a ambas as persoas e produciuse a devolución. O corpo de seguridade agradeceu publicamente o comportamento «exemplar e solidario» deste veciño. «Final feliz nunha época e ano raro que nos está tocando vivir. Aínda existen moitas boas persoas no mundo que actúan correctamente. É xusto que o recoñezamos e non perdamos a esperanza», trasladou a Policía Local.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, sucesos. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.