O mar continúa gañando terreo na praia de Cedeira

Costas reforza a empalizada, danada polo último temporal

O mar móstrase inmisericorde coa praia da Magdalena. A forte ondada do último temporal volveu deixar ao descuberto a empalizada que instalara Costas para tratar de frear a erosión da duna. E as máquinas regresaron ao areal cedeirense para tratar de reforzar as estacas de madeira, enchendo a parte de atrás. «Están a colocar uns tensores dentro dá area», explica o rexedor, Pablo Moreda.

O problema repítese de xeito periódico desde hai anos. «Así pode ver Costas que non é un capricho, que pedimos unha actuación para salvar a praia. Sabemos que a solución non é poñer estacas, o que supón un custe grande, pero mentres non se faga o proxecto definitivo teñen que poñer algunha alternativa, porque se non comería toda a duna o mar», remarca o alcalde.

Estudo de impacto ambiental

Representantes da Dirección Xeral de Costas e da empresa adxudicataria presentaron fai un mes o estudo de impacto ambiental elaborado para definir unha intervención que free a progresiva deterioración da praia de Cedeira. Tras ese primeiro encontro co goberno local e a confraría de pescadores, celebrarase unha reunión con todos os grupos da oposición para exporlles as alternativas.

«Explicáronnos, de maneira informal, cales son as distintas obras que se poden facer para estabilizar a praia, que vemos que vai comendo o mar, non sabemos se por efecto do cambio climático ou das correntes», abundou Moreda, que prefire non facer públicas as propostas ata que as coñezan os outros grupos. «É unha realidade que acontece ano tras ano, unha problemática que segue aí, e vese que o estacado é un parche eventual, porque o mar segue coméndolle sitio á praia», di o mandatario local.

«Xa están outra vez os de Costas enterrando cartos na praia», comentaba fai uns días un veciño, cando viu que volvera aparecer unha escavadora no areal da Magdalena. O Concello espera agora a que Costas e a empresa redactora comuniquen oficialmente o contido do estudo de impacto ambiental e que se concrete a opción máis viable. A partir de aí, «a prioridade é conseguir financiamento para levar a cabo a obra, a través do Ministerio de Transición Ecolóxica», avanzou o rexedor.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Natureza, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.