
Era de nome Damián
ainda que familiarmente
andaba el por Melán
animoso e firmemente.
Sóubeno pola mañá;
foi para min un mazazo
pois o vencello con el
era forte. Un zarpazo.
Xogador do Club Cedeira,
forte, rexo, co seu selo,
aínda nos deu alegrías
de senior co Club de Remo.
Mais o mellor de Melán,
de este home a tona,
sen dubidalo eu nada,
foi ser moi boa persoa.
Apertas á familia, a miña prima Rosa, a Toti, Rosiña e Damián.
Descanse en paz.
