Investigan a este veciño de Curtis por un presunto delito contra a seguridade viaria
O condutor dun coche que se saíu da vía en Cedeira case cuadriplicaba a taxa de alcol legalmente establecida. A primeira proba guindou un valor de 0,95 miligramos por litro de aire expirado e a segunda, de 0,91. A Garda Civil investiga a este home, veciño de Curtis, como presunto autor dun delito contra a seguridade viaria.
O accidente produciuse no quilómetro 30,950 da estrada AC-566, no municipio cedeirense. Ao lugar desprazáronse unha patrulla e o equipo de atestados do destacamento de Tráfico da Garda Civil de Ferrol. Tras auxiliar ao condutor, o único ocupante do automóbil, observaron que presentaba síntomas evidentes de ter consumido alcol.