«Ninguén recorda Santo André de Teixido sen xente nin procesión o día da romaría, foi surrealista»

As restricións da mobilidade deixan a aldea sen peregrinos

Ninguén, en Santo André de Teixido, vivira un 30 de novembro como o deste luns. «Ninguén recorda o pobo sen xente nin procesión o día da romaría, sen baixar o santo das andas nin unha coral cantando… Foi algo surrealista», resume Basilisa Painceira, propietaria do bar Irmáns Bouza. «Eu teño 62 anos, pero hai veciños de cerca de 90 que tampouco viran isto antes. A estrada chegou a San Andrés no 71, e eu aínda acordo cando paraban os autocares en Chímparra, e desde alí a xente viña campo a través», explica esta hostaleira, que abriu o local hai 39 anos.

Os únicos que peregrinaron a Santo André o luns foron algúns veciños de Cedeira, Cariño, Ortigueira ou Mera. «Viñeron poucos e todos dos arredores. Pero non houbo ningún autobús, e a fin de semana igual, cando, non sei se foi o ano pasado ou o anterior, xuntáranse 22, que os contara o cura. E nunca hai menos de 18 ou 19 [con excursións de toda Galicia] ou día de San Andrés», sinala Basilisa.

«Temos pasado anos malos, cando estalou a burbulla da construción, pero daquela a xente podía vir, aínda que non gastara; o problema, agora, é a mobilidade. Un ano normal estarían arrancando as viaxes do Imserso e teriamos aquí 200 ou 300 persoas varios días cada semana. Pero pasamos de iso a nada, parece que se acabou o mundo», resume Jorge Bellón, á fronte da Tenda Fina, á beira do santuario.

Durante o verán recibiron por centos de persoas. «Enchéronse as terrazas e había xente por todos lados, parecía un ano normal, e incluso daba medo polo tema dos contaxios, aínda que moita xente cumpría as medidas moi ben», sinala este empresario. A afluencia de visitantes caeu en setembro e derrubouse desde que a Xunta acordou o peche perimetral das cidades e as áreas metropolitanas.

De feito, ata o día 30, cando reabriu o bar Os Loureiros, só estivo a funcionar Irmáns Bouza. «Pechamos case todo novembro porque ao non poder moverse das cidades non viña ninguén. A partir de agora abrimos todos os días», indica Óscar López, dos Loureiros. O resto de negocios hostaleiros de Santo André continúan co enreixado baixado. De pouco serve que a hostalería poida seguir funcionando se non conta con clientela, debido ás limitacións á mobilidade.

«Entre que a xente non se pode mover e o medo e o respecto que hai…» resume Bellón, aínda estrañado polas escenas que presenciou o día 30. «Viñeron uns poucos coñecidos da zona, que son amigos. En 44 anos non vin tal, se mo contan non o creo, nin nas peores películas», engade.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Procesións, Santo André de Teixido, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.