O santuario de Santo André de Teixido xa ten o seu billete oficial de cero euros

O hostaleiro cedeirense Óscar López García encargou a edición de cinco mil exemplares, que xa vende en exclusiva na taberna Os Loureiros, xunto á ermida

La Voz de Galicia

ANA F. CUBA
CEDEIRA / A VOZ 

A igrexa de Santo André de Teixido súmase á lista de monumentos e centros culturais e de referencia turística de Europa que contan cun billete de cero euros. O cedeirense Óscar López García, que rexenta desde 2016 a taberna Os Loureiros, a poucos metros do santuario, encargou a edición de cinco mil exemplares deste euro souvenir. A ermida aparece no reverso, mentres que o anverso está ilustrado con algúns dos elementos máis singulares do patrimonio cultural europeo, como a torre Eiffel, o Coliseo romano ou a Sacra Familia. «Descubrímolo o ano pasado, de vacacións en San Sebastián, e despois púxenme en contacto coa empresa que os distribúe en España. Pareceunos un produto interesante para pór á venda», explica este hostaleiro. No interior do seu local hai un expositor de billetes, que custan 2 euros, e pronto disporá dunha máquina expendedora no exterior.

Un coleccionista de Sevilla xa conta cun exemplar do billete de cero euros de San Andrés de Teixido, igual que algúns veciños da zona. «Fabrícanse nunha das imprentas oficiais de euros en Francia, en auténtico papel moeda e con todas as características de seguridade: marcas de auga, tiras de cobre, impresión en relevo sensible ao tacto, holograma, rexistro transparente, tinta fluorescente visible baixo luz ultravioleta e un número de serie individual, único en cada billete», sinala López.

A sensación, ao tocalo, é a mesma que produce un billete real de 20 ou 50 euros. A edición en España comezou a finais de 2017 e agora xa hai euro souvenirs do acueducto de Segovia, a catedral de Burgos, a praza das Vendas, a porta de Alcalá, a casa Batlló, a basílica de Covadonga, a Sacra Familia, o Camp Nou ou o Camiño de Santiago (leste saíu en 2019). Francia foi o país pioneiro, en 2015, e seguíronlle Holanda, Eslovenia, Suíza, Portugal, Bélxica ou Alemaña. «Está tendo tal éxito que algúns billetes foron reeditados ata venderse máis de 200.000 exemplares», destaca o promotor da edición do billete de San Andrés. Cada vez suscitan máis interese entre coleccionistas e chegaron a pagarse a máis de mil euros en poxas.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.