
A Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática de Ferrolterra, mostra a súa satisfacción coas intervencións do Concello de Ferrol no Castelo de San Felipe, tendentes a seguir avanzando na posta en valor deste monumento arquitectónico, e ao mesmo tempo, desde a Asociación, queremos expresar o noso desexo de, nesta liña, incluir a nosa proposta de situar, no que foron os calabozos do Castelo, un Centro de Interpretación da Memoria Histórica, que poida mostrar pedagóxicamente a mecánica represiva da ditadura franquista, e ao mesmo tempo sirva de homenaxe ás 907 persoas de Ferrolterra, Eume e Ortegal que foron asasinados, e cuxos datos persoais constan nos Arquivos da nosa Asociación.

A Unión Europea, a través do programa Europa cos cidadáns, achegaría a maior parte do finanzamento deste proxecto, de modesta contía, que xa foi presentado ao anterior Goberno Local en 2015, aprobado en Pleno en 2017, e novamente explicado ao actual Alcalde en 2019.

En reforzo da nosa demanda, actúa igualmente a inminente aprobación da nova Lei de Memoria Histórica, que defende, entre outras iniciativas, non só un rexeitamento máis enérxico da ditadura franquista, senón a necesidade de que todos os escolares sexan conscientes das graves consecuencias que supuxo para España, en todas as súas ordes.