Aviso do Concello de Cedeira

Ante as novas medidas anunciadas polo presidente da Xunta, que entrarán en vigor o mércores, desde o noso concello adiantamos o peche das actividades deportivas no noso polideportivo e da biblioteca a mañá, martes 26.

Novas medidas máis restrictivas para toda Galicia

A Xunta de Galicia anunciou hoxe que o próximo mércores ás 00.00 horas (noite do martes ao mércores) entrarán en vigor medidas máis restrictivas para a prevención dos contaxios:

Quedan limitadas as interaccións sociais exclusivamente ao núcleo de persoas convivintes.

Todos os concellos quedan perimetrados indivicualmente, e poderase saír ou entrar só por causa xustificada: ir ao traballo, a un centro sanitario, a un centro docente, etc.

O toque de queda queda establecido ás 22.00 horas.

A hostalaría permanecerá pechada agás para a recollida e o servizo a domicilio.

As universidades non reanudarán as clases ata o día 8 de febreiro, e de 8 a 17 de febreiro serán en liña.
As escolas de primaria, secundaria, FP e escolas infantís manteñen a súa actividade.

Seguirá funcionando o comercio esencial: supermercados, farmacias, talleres de vehículos, etc. e o comercio non esencial poderá estar aberto ata as 18.00 horas.

Todos os centros comerciais da comunidade permanecerán pechados durante a fin de semana

A práctica deportiva queda restrinxida ás actividades individuais ao aire libre, no propio concello e sempre con máscara facial. Os ximnasios deberán permanecer pechados.

Suspéndese a actividade en calquera establecemento cultural ou de espectáculos.

Desde o Concello de Cedeira infórmase que a partir de mañá martes 26 se adianta o peche das actividades deportivas do polideportivo e da biblioteca.

Por esta mesma canle darase difusión ao DOG íntegro cando sexa publicado pola Xunta de Galicia, para o seu xeral coñecemento por parte da poboación.

Esta entrada foi publicada en Avisos, Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.