Oito denuncias en Ares e cinco en Cedeira por saltarse normas anti covid.

A Policía Local e a Garda Civil intensifican os controis de mobilidade polos peches perimetrales.

Efectivos da Policía Local de Ares, Fene e Mugardos, e da Garda Civil deste último municipio formularon oito denuncias no operativo conxunto montado no Alto de Simou, entre Ares e Mugardos, o primeiro día de peche perimetral. Propoñen para sanción a unha persoa que ía no bus urbano a Ferrol a ver a un familiar e a dous ferroláns que foron a Ares sen explicación. Noutros casos atopáronse con persoas non convivientes circulando no interior do mesmo vehículo.

As xefaturas da Policía Local lanzan un chamamento á poboación «para que se tome en serio as medidas, dado que o aumento constante de positivos está a chegar a límites que non se viviron na primeira onda». Os controis aleatorios continuarán, de día e de noite.

En Cedeira, a Policía Local interpuxo cinco denuncias o martes, dous por incumprimentos do peche perimetral (persoas que acudiron desde Valdoviño sen xustificación), unha por fumar nunha terraza e outras dúas por consumo de alcol na vía pública.

Extremarán a vixilancia nas próximas semanas.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.