Aviso – Polideportivo Cedeira

No relativo á actividade deportiva, as novas medidas establecidas pola Xunta de Galicia son as seguintes:
“….3.15. Actividade deportiva e competicións deportivas federadas e os seus adestramentos.

  1. A práctica da actividade física e deportiva non federada so poderá realizarse ao aire libre ou en instalacións deportivas ao aire libre, de forma individual ou con persoas conviventes e coa utilización de máscara.
  2. A práctica da actividade deportiva federada de ámbito autonómico, adestramentos e competicións, axustarase aos correspondentes protocolos Fisicovid-Dxtgalego aprobados, e os deportistas participantes e demais persoal autorizado non estarán suxeitos ás limitacións de entrada e saída existentes en determinados ámbitos territoriais e ás limitacións establecidas á liberdade de circulación das persoas en horario nocturno nos casos en que exista causa xustificada.
  3. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
  4. As competicións deportivas federadas de nivel nacional e os seus adestramentos desenvolveranse sen público de acordo co establecido pola Administración competente e de conformidade coas limitacións establecidas nos protocolos federativos correspondentes.
    No ámbito das competicións deportivas oficiais non profesionais de ámbito estatal de modalidades deportivas que poidan implicar contacto que se realicen na Comunidade Autónoma de Galicia serán de aplicación as seguintes medidas:
    a) Os equipos e deportistas galegos que participen nas ditas competicións deberán realizar os adestramentos e a competición en grupos de composición estable e, en todo caso, deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares cada 14 días naturais.
    b) A totalidade dos membros da expedición dos equipos e deportistas procedente doutras comunidades autónomas que se despracen á Comunidade Autónoma de Galicia para participar nas ditas competicións deberán realizar tests serolóxicos ou probas similares en orixe polo menos entre 72 e 24 horas previas á celebración da proba/partido/competición. Así mesmo, deberán comunicar con idéntica antelación ás autoridades sanitarias autonómicas a relación das persoas integrantes da expedición trasladada a Galicia, a data e a hora de chegada á Comunidade Autónoma galega e o lugar de aloxamento, así como o tipo de proba de detección COVID-19 a que foron sometidas as ditas persoas.
    As medidas previstas deben entenderse dentro do necesario respecto ás competencias das autoridades deportivas e sanitarias estatais, polo que serán aplicables sempre que resulten compatibles coas adoptadas polas ditas autoridades e mentres non existan medidas obrigatorias dimanantes delas que ofrezan un nivel de protección equivalente ou similar.”
  5. Despois de estudar estas medidas e de consultar as dúbidas ao respecto coa Secretaría Xeral para o deporte, poñemos a disposición dos usuarios que así o soliciten as nosas instalación mediante reserva anticipada, por franjas de unha hora a partir das 16.30 horas ata as 21.30 de luns a venres e de 10.00 a 14.00 os sábados, sendo de obrigado cumprimento as medidas socio-sanitarias establecidas pola Xunta de Galicia e os protocolos vixentes para a prevención contra a COVID-19.

As instalacións que serán abertas aos usuarios para a práctica deportiva individual ou por convivintes son:
▪️O campo de fútbol dividido en catro zonas. Cada zona será a de un medio campo de fútbol sete
▪️A pista de tenis
▪️As pistas de padel.

Tomaráse a temperatura e os datos de cada usuario(nome e apelidos, teléfono e NIF).
Os deportistas federados deberán cumprir as medidas establecidas pola Xunta de Galicia, indicadas anteriormente, así como os protocolos establecidos polas federacións competentes e as medidas establecidas pola Concellería de Deportes do Concello de Cedeira. Polo tanto, poderán retomar os adestramentos nas instalacións municipais nuns horarios preestablecidos aqueles deportistas federados que se atopen competindo actualmente ou teñan unha competición nas vindeiras 4 semanas, para o cal será preciso presentar a ficha federativa e un documento xustificativo da competición para a que precisan adestrar.

Reservas:


981482633
Oficinas do polideportivo

Debemos cumprir coas medidas establecidas para o bo funcionamento do servizo.
Calquera dubida ou consulta poderá ser resolta :


981482633
Oficinas do polideportivo
Polideportivocedeira@gmail.com

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Deportes, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.