O Concello elaborou un vídeo, dispoñible en YouTube, coas fotografías de disfraces enviadas polos veciños

Os veciños de Cedeira non quixeron perderse o entroido, aínda que este ano teñan tido que celebralo sen saír da casa. O Concello recibiu numerosas fotografías de familias disfrazadas e elaborou un vídeo que se pode ver en YouTube. Grandes e pequenos vestíronse para a ocasión e algúns deixáronse retratar mentres elaboraban doces de entroido. O alcalde, Pablo Moreda, agradece a alta participación. Non faltaron os piratas, como se ve nesta imaxe.