
Con motivo do Día de Rosalía, este 24 de febreiro, o Concello de Cedeira aníma a que os/as veciños/as que publiquen nas súas redes vídeos lendo algún poema, texto ou frase da nosa querida poeta.
Para participar:
Sube o vídeo ao teu perfil en facebook coa etiqueta #RosaliaenCedeira
Whatsapp 649876614
enrique.vazquez@cedeira.gal
Invitámosvos tamén, sumándonos á iniciativa da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, a que este 24 agasalledes libros en galego ás persoas que queirades, mercando por suposto no comercio local.