Cedeira eleva a algo máis dun millón de euros as partidas destinadas a servicios sociais

O goberno local aprobou o orzamento de 2021, por 6,3 millóns de euros

O aumento dos fondos destinados á área de servizos sociais, ata 1.080.000 euros, e a partida de 70.000 euros dirixida a axudas directas a empresas e autónomos afectados pola crise do covid-19 son dúas das novidades do orzamento municipal de Cedeira para 2021, aprobado nun pleno extraordinario celebrado o martes por vía electrónica. O proxecto saíu adiante cos votos do goberno socialista Pablo Moreda, o BNG abstívose e o PP votou en contra.

O Concello manexará 6.315.212 euros neste ano, o que supón un 0,25% máis que en 2020. O executivo local subliña o apoio ás asociacións, con subvencións nominativas á Escola de Música Vila de Cedeira, ao grupo ecuestre A Crina, Mares de Cedeira , Amigos dos Ríos, Banda de Música, as anpas do CEIP, IES e Apader, a entidade San Andrés de Teixido, Protección Civil, Cruz Vermella, Sobre Rodas e ABAC. Reservan 42.000 euros para axudas en réxime de concorrencia competitiva para actividades e entidades deportivas e culturais.

En canto aos investimentos, con 1.159.849 euros, Moreda destaca a rehabilitación estrutural e o pavimento do círculo vermello da praza Roxa, a reparación da cuberta dos escolares Saa e Sisalde Maior, o firme da Avenida de España e a estrada Pitilleira, a reforma integral da Praza de Galicia, a mellora das beirarrúas na Avenida de España, a rúa Ponte Nova e outras, a ampliación do saneamento en As Pontigas e o skate park e tirolina do Camiño Real parque da Madalena.

Este apartado tamén prevé unha nova escavación arqueolóxica no Sarridal e o plan para a recuperación de fontes e lavadoiros, a plantación de árbores ou a mellora da eficiencia enerxética. Para o presidente local, as contas "reflicten a necesidade de estar preto da cidadanía e apoiar ás familias e ás empresas que ou requiren estes complicados momentos".

Link: www.lavozdegalicia.es
Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.