
Lembramos as medidas sanitarias que temos que cumprir desde este 29 de marzo, á espera dos posibles cambios que poida haber de xeito específico para esta semana de vacacións, nos concellos de nivel medio/baixo no cal estamos incluídos.
Mobilidade: está permitida a mobilidade por toda Galicia con excepción daqueles concellos que estén en situación de máxima restrición (Beade) – Non se pode entrar ou saír da comunidade salvo nas excepcións marcadas no DOGA.
Mantense o toque de queda entre as 22.00 e as 6.00 h.
Reunións en grupo
- Espacio pechado privado só conviventes
- Espacio pechado uso público: Máximo 4 persoas
- Espacio aberto: máximo 6 persoas
- Hostalaría e restauración: terraza 75% capacidade 6 persoas/mesa, interior 50% (barra non) 4 persoas/mesa, peche ás 21:00h, recollida ata 21:30h, reparto ata 24:00.
Restauración centros sanitarios/ traballo 50%.
Bibliotecas, arquivos, museos, salas de exposicións, monumentos… 50% capacidade; max 4 persoas/grupos+ guía
Comercios e servizos: 50% capacidade, peche ás 21:30
Lonxas: medidas para garantir a distancia de seguridade
Academias, autoescolas, ctros. privados ensino non regrado e ctros. formación – 50%
Actos e reunións laborais, institucionais, académicas ou profesionais – 50% da capacidade max 75 persoas lugares pechados/ 150 aire libre
Centros, servizos sanitarios: 1 acompañante/menor, dependente ou xestante
Turismo ao aire libre organizado por empresas: grupos máximo 8 + monitor
Centros de interpretación e visitantes, aulas da natureza, casetas e puntos información de espazos protexidos: 50%, grupos máximo 6 persoas
Actividades infantís-xuvenís: aire libre 50% participación, máxi 50 + monitores- grupos máx 6 persoas | espazos pechados 25 máximo, grupos ata 4 persoas, non contacto entre grupos
Lecer infantil 50%, 1 monitor/10 participantes,
max 6 rapaces/grupo no exterior | max 4 rapaces/grupo interior
Competicións deportivas, cines, teatros, auditorios, congresos, etc publico sentado, 1.5 m distancia, 30% capacidade; máximo 300 persoas interior / 1000 aire libre, medidas fluxo xente, desinfección, ventilación, rexistro un mes
Praias 4 m² / persoa, grupos máx 6 persoas (agás conviventes), máscara obrigatoria agás baño ou permanencia quedo
Parques e zonas deportivas ao aire libre 1 persoa/4 m²
Actividade cinexética e pesca permitida
Actividade deportiva non federada: ao aire libre grupos máximo 6 persoas + monitor,sen contacto físico e con máscara // en centros pechados grupos 4 persoas + monitor, 50% capacidade, vestarios 30% capacidade, ventilación frecuente// piscinas 50% capacidade.
Deporte federado segundo protocolos
Lugares de culto: 50% capacidade
Velorios: 10 persoas no interior, 25 aire libre// enterros max 25 persoas
Hoteis e aloxamentos turísticos 50% capacidade, albergues 30%; restauración para aloxados, para o resto normativa xeral hostalaría por nivel de restrición, instalacións deportivas normativa xeral
Transporte público totalidade de asentos, 1/6 das prazas de pé, < 2 horas prohibido xantar, expedición de billetes obrigatoria (recomendase mantelo 14 días)
Vehículo particular conviventes ou traballadores/escolares do mesmo centro; 2 persoas/fila con máscara
Lembrade que sempre debemos manter a distancia de seguridade, unha boa hixiene con especial coidado de mans e cara e a máscara posta.