Aviso do Concello de Cedeira

Na comparecencia do Conselleiro de Sanidade, xunto co seu equipo de seguimento da pandemia, adiántannos como novidade, que se publicará esta semana, o cambio nas reunións de persoas. Así desde o 9 de abril permitiranse de novo as reunións de non conviventes en domicilios, cuns máximos de catro persoas no interior e seis persoas no exterior.

Destacamos tamén que a area sanitaria de Ferrol é a que marca mellores números de Galicia (incidencia acumulada máis baixa), e que aquelas persoas maiores de 80 anos que quedasen sen vacinar, e non tiveran renunciado, poden tramitar a súa cita no número de teléfono 881 00 20 21 entre as 8:00 e as 21 horas de luns a venres.

Lembremos que debemos ter actualizados os nosos datos no SERGAS para non ter problemas á hora de recibir a notificación para vacinarnos, e que podemos facelo a través do teléfono 981 569 540, ou identificándonos dixitalmente (certificado, dni, chave 365) a través da web do SERGAS.

Esta entrada foi publicada en Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.