Carlos Labraña, dramaturgo de Cedeira: «É importante saber aproveitar o tempo que temos, é limitado, vivimos contra o reloxo»

O autor rematou, en plena pandemia, a súa última comedia para o público infantil e xuvenil, ilustrada por Alfonso Barreiro, Fon

Labraña entregará exemplares da súa última obra na biblioteca do CEIP Nicolás do Río, en Cedeira, que leva o seu nome
Foto: Carlos Labraña

A. CUBA
CEDEIRA / LA VOZ

«Vivimos contra o reloxo. É importante saber aproveitar o tempo que temos as persoas, porque é limitado», reflexiona Carlos Labraña (Cedeira, 1969), un dos dramaturgos máis recoñecidos da literatura infantil e xuvenil galega. «Contra o reloxo» é o título da súa última obra, unha peza «de teatro familiar, que pode interesar aos adultos», escrita en plena pandemia, en Santiago, onde vive e traballa. O 6 de maio preséntase a obra, editada por Galaxia, na librería Pedreira, en Compostela.

-Que nos pode contar do misterio que agocha a vella reloxaría?

-O vello reloxeiro que se ve na portada do libro xa chegou a unha idade e ve o fin máis próximo, enviuvou e quedou só, e é o seu aniversario. E ese día empezan a pasar cousas na reloxaría. Cando case decide pechala chegan envíos non se sabe de onde, chega xente rara a comprar e comezan a sucederse os problemas cos veciños, un que leva toda a vida queixándose dos ruídos dos reloxos… E así vai o primeiro acto. Empeza lento, e logo colle velocidade, directo ata o final.

-Influíulle a pandemia?

-Xa o estaba escribindo antes, no confinamento non fixen nada, ata que puidemos volver pasear e comecei a liberarme. Foi tan forte que supuxo unha parálise creativa, pero despois saíu.

-Hai algo de Cedeira nesta peza?

-Pois a idea inicial, de hai moitos anos, é dun amigo que teño de Cedeira, da reloxaría Dopazo, que fai teatro comigo.

-Leva magníficas ilustracións…

-Son de Alfonso Barreiro, Fon, que vén do cómic. Tiven moi boa conexión con el, quedei encantado desta colaboración.

-Representarase a obra?

-Non me podo queixar de que non se representen as miñas obras. Cando as escribo penso que se van ler e traballo moito co texto, pero é certo que levan unha estrutura teatral interna moi forte, para que se poidan representar directamente, sen necesidade de ningunha adaptación. As pezas de teatro dirixidas á infancia sempre son comedias, moi divertidas. Neste caso tamén, con personaxes entrañables.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.