A Anpa O Beco, do IES de Cedeira, reparte sete premios nos Xogos Florais.

La Voz de Galicia

A entrega de premios adiouse, pero chegou, o venres. A Anpa O Beco, do IES Punta Candieira de Cedeira, entregou os galardóns dos Xogos Florais.

Na categoría de 1.º e 2.º de ESO a gañadora foi Sofía Hermida Pérez. En 3.º e 4.º, o primeiro premio foi para Sara Novais Meireles, o segundo para Julia López Rodríguez e o terceiro para Martín Fernández Pérez.

E no apartado de 1.º e 2.º de Bacharelato, o máximo galardón recaeu en Elsa López Lourido, o segundo en Laura Timoteo López e o terceiro en Mathías López Córdoba.

Consisten nunha placa e un diploma, e cheques por valor de 100, 75 e 50 euros. Colaboraron o Concello, o IES e Rampla Hotel Herbeira.

O debuxo que recibiron é orixinal de Antonio García Candales, de Cerdido. Cos Xogos Florais, a Anpa O Beco réndelle homenaxe a Xela Arias, autora recoñecida este ano polo Día das Letras Galegas. Esta iniciativa serviu para recuperar a palabra, a creatividade, o diálogo, a cooperación e a empatía, que tanta falta fan, como subliñan os organizadores.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Día das Letras Galegas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.