Rampla Rampla – Premios “RESILIENTES 2021”

“RESILIENTES 2021”

En conmemoración do quinto aniversario do Colectivo Rampla do Hotel Herbeira , o acto de entrega terá lugar o vindeiro domingo 13 de xuño de 2021 ás 18 H na terraza exterior do Hotel.

As persoas e entidades recoñecidas neste ano 2021 foron :

1-SOCIAL : Residencia de Maiores de Piñeiros (Narón) , pola súa historia , constancia e profesionalidade do seu equipo de mulleres na procura dun fogar , atencións e coidados ás persoas maiores.

2-CULTURAL : Andrés Ramil (Cariño) , pola súa magnifica e prolífica obra de talla en madeira de ameiro e bidueiro na que transmite a profunda comunión da arte e a natureza.Por manter vivo o espíritu do San Xiao.

3-DEPORTE : Raquel Rodríguez Pernas (Cedeira) , pola súa determinación , empeño e progresión , acadando metas impensables no ámbito deportivo femenino cedeirés (campeona de España de remoergómetro e de larga distancia , deportista de alto nivel autónomico e nacional , 4º posto no último europeo de remo coa selección española..) , convertíndose nun espello no que mirarse a xuventude.

4-NATUREZA E MUNDO RURAL : ás Píllaras das dunas , que loitan e se sacrifican día a día pola súa supervivencia.Recollerá o galardón na súa representación , María Vidal , bióloga, investigadora do grupo de biodiversidade animal da USC e coordinadora do grupo ecoloxista Axena para a súa protección.Unha auténtica e infatigable promotora da continuidade da vida dunha especie en perigo de extinción.

Tod@s recibirán unha obra de cantería do artista local , Antonio Breijo Nebril , que recrea unha Rampla de granito, símbolo do compromiso , responsabilidade , esforzo , resistencia e perseverancia por tratar de avanzar a pesar das dificultades, para mellorar a propia situación persoal e tamén a de outr@s.

A xornada será amenizada musicalmente polas xóvenes artistas locais Elsa López Lourido (voz e teclado) e María Bereijo Rubido (Guitarra) , e finalizará se as circunstancias o permiten , cunha merenda de confraternidade.

Tamén se fará entrega en dito acto , dos “Resilientes 2020” que por motivo da COVID tiveron que ser aplazados.Recordamos os galardoados dese ano 2020 :

1-SOCIAL : Avante LGTBT+ Ferrolterra , pola súa defensa a ultranza da liberdade sexual e a promoción continúa dos dereitos das persoas do colectivo LGTB.

2-CULTURAL : Asociación Cultural Irmandiños de Moeche , polos 40 anos do Festival Irmandiño.

Un referente cultural singular que reivindica a propia identidade , historia e folklore galego.

3-NATUREZA E MUNDO RURAL : Agrupación de mariscadoras da Confraría de Cedeira , polo duro proceso de loita para o empoderamento das mulleres do mar.

4-DEPORTE : Raquel Vázquez Vázquez , pola súa traxectoria deportiva e a súa implicación e solidariedade coas novas xeracións.Noraboa a Tod@s!!!

Esta entrada foi publicada en Aso. Rampla, Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.