Cedeira recuperará a partir de setembro o feirón, suspendido dende o inicio da pandemia

A Feira dos sábados podería voltar no mes de xullo

Os postos do feirón de Cedeira non regresarán á Alameda de Cedeira polo menos ata o mes de setembro. É a previsión do goberno local, « falada tamén co resto dous grupos da corporación, tralo último pleno», como explica o alcalde, Pablo Moreda.

O feirón, que se celebra o segundo domingo de cada mes, coa excepción de agosto, suspendeuse ao comezo da pandemia e non volveu a desenvolverse, a pesar da presión exercida nalgúns momentos polos vendedores que adoitaban acudir á cita mensual.

O Concello quere aproveitar este parón, forzado pola situación sanitaria, para aprobar unha nova ordenanza que regule o funcionamento da feira. « Coa que está vixente hai un problema, porque non temos un criterio para ordenalos postos.

Na Alameda, entre os postos que están pegados á estrada e os que están contra ou muro hai dous metros e medio de distancia, xa sabemos que só poderiamos deixar un dos laterais. Pero, se perdes a metade dos postos, como decides cales quedan fóra? Non podes facelo de maneira arbitraria», esgrime o mandatario local.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Feiron, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.