«O barco colleu moita escora», dixo o patrón do Sempre Güeto antes de dar a volta

Dou mariñeiros do cerqueiro de Portosín morreron no accidente fronte a Santo André de Teixido.

Un dos mariñeiros do “Sempre Güeto” acompañado polos Técnicos Sanitarios

O fin da campaña do bocarte converteuse en traxedia para o Sempre Güeto, un barco do cerco de Portosín do patrón e armador Anxo Güeto Varela.

Tras estar faenando en Avilés de madrugada, emprendeu rumbo a Galicia xunto a outras embarcacións da frota da localidade de Porto do Son.

Había algo de mar de fondo, con vento do noroeste de forza sete e ondas de entre dúas e tres metros -segundo os datos facilitados por Salvamento Marítimo-, pero profesionais que se atopaban na zona indican que non se trataba dunhas circunstancias especialmente adversas para a navegación dun barco de 22 metros de eslora.

De feito, na área pola que pasaron estaban a faenar barcos de menor tamaño. Con todo, cara ás dúas da tarde, a 2,2 millas ao noroeste de Santo André de Teixido, en Cedeira produciuse a catástrofe.

«O barco colleu moita escora e non recupera», dixo Anxo Güeto Varela por radio.

Despois, a comunicación interrompeuse, o barco comezou a escorar e non tardou demasiado tempo en envorcar e quedar coa quilla ao sol.

Inmediatamente, ao escoitar o aviso, o cerqueiro Pasa Aquí emitiu o sinal de socorro. Estaba a uns quince minutos de distancia e deu a volta. Moito máis preto, a só unha milla da posición do Sempre Güeto atopábase o Argote 2, un barco pertencente a Herminio, irmán de Anxo Güeto. A proximidade propiciou que rapidamente puidesen ser rescatados da auga a oito dos dez tripulantes. Con todo, dous perderon a vida como consecuencia do tráxico suceso.

Link: http://www.lavozdegalicia.es (Somos Mar)

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Naufraxios, Politica, Politica Local, sucesos. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.