«Un valioso referente da fidelidade coas ideas da Memoria»

Juan Antonio Fernández Rodríguez, Curro

Máis coñecido como Curro era fillo do alcalde de Cedeira Manuel Fernández

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática lamenta o pasamento, o luns en Santiago, do noso querido compañeiro Juan Antonio Fernández Rodríguez, Curro, da Sección de Cedeira, para todas e todos nós un valioso referente de fidelidade e compromiso coas ideas da Memoria, sociais e de progreso, que a pesar das adversidades mantivo toda a súa vida.

Estará sempre con nós o seu exemplo e a súa entrañable lembranza. Para a súa filla Teresa e o seu neto, a nosa solidaria aperta.

Curro, era fillo de Manuel Fernández Freijeiro, alcalde de Cedeira en 1936 e irmán de Ginés, ambos fusilados o 18 de decembro de 1936, no Castelo de San Felipe, polo seu compromiso coa República.

Asociación Cultural Memoria Histórica Democrática.

Esta entrada foi publicada en Comarcas, Cultura, Galicia, Homenaxe Represaliados Cedeira, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.