Cedeira suprime a taxa das terrazas aos negocios de hostalería

O acordo tomouse por unanimidade no pleno da corporación municipal

O pleno da corporación de Cedeira aprobou por unanimidade a proposta para suprimir aos negocios de hostalería o pago da taxa pola instalación de terrazas. O alcalde, Pablo Diego Moreda Gil, explicou que «queremos, dentro dás nosas posibilidades, estar a carón dá veciñanza e do tecido empresarial, axudándolles a superar as dificultades que trouxo a covid-19». Ademais, apuntou que durante o ano pasado 2020 o Concello xa non cobrara dita taxa. A medida, que se someterá a exposición pública para a aprobación definitiva, estará en vigor ata decembro de 2022 e conta cos informes favorables do arquitecto técnico, intervención e tesourería. Ao fío deste anuncio, desde o goberno local lembran aos interesados que continúa aberto o prazo de presentación de solicitudes para as novas axudas covid ata o próximo 14 de agosto.

A subvención conta cun orzamento de 70.000 euros de dotación, que será destinada a aqueles negocios que quedasen excluídos do programa PEL Reactiva. Anteriormente, este programa repartiu máis de 135.000 euros en 62 empresas.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.