
Mugardos desaproveitou unha boa ocasión de distanciarse na cabeza
O Club de Remo Cedeira foi o gañador da regata da liga Galega B de traiñeiras, que se disputou na localidade asturiana de Castropol.
Triunfo histórico para os cedeirenses que por primeira vez gañan unha bandeira. Mugardos tiña unha oportunidade de ouro para distanciarse na cabeza, xa que o seu gran rival, Narón, decidiu non tomar parte nesta regata.
Con todo, os mugardeses non aproveitaron esta proba, xa que ao final quedaron clasificados na carta posición tras Cedeira, Vila de Cangas e Castropol. A liga Galega B está a resultar moi rifada.