Certame de Pintura Rápida “Vila de Cedeira”

Na xornada do domingo terá lugar o VII Certame de Pintura Rápida “Vila de Cedeira”, na que se darán cita artistas profesionais ou afeccionados. Ao longo da xornada, entre as 10.00 e as 17.00 horas, estarán pintando na zona do paseo marítimo, a praia da Madalena, o paseo da Mariña, a zona do río Condomiñas, praia de Area Longa, o casco vello ou no porto.

As inscricións, que serán gratuítas, e o selado dos soportes realizarase entre as 09.00 e as 11.00 horas no posto de turismo situado na rúa Ezequiel López.

A Sala Áncora, na Praza Roxa, será o lugar no que os e as artistas deberán presentar as súas obras antes das cinco da tarde. O xurado, que estará composto polos artistas Adrián Taracido, Jane Danko e Daniel Pérez García, emitirá o seu fallo ás seis.

O Concello de Cedeira repartirá 1.800 euros en tres premios, dotados con 800, 600 e 400€, xunto co correspondiente diploma acreditativo. A técnica e o estilo serán libres, o soporte das obras terá como máximo 100x81centímetros e deberán plasmar algún elemento da paisaxe e as xentes de Cedeira. Como en anos anteriores, todas as obras estarán expostas ao público, no exterior da Sala Áncora sempre que a climatoloxía o permita, ata as 20.00 horas.

Os pintores e pintoras poderán poñer á venda aquelas obras que non resulten premiadas.

Link: http://www.cedeira.gal

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Concurso Pintura Rápida, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.