Náutica de recreo e embarcacións menores baixo a lupa na comarca

A Garda Civil tramitou 50 denuncias na provincia este verán

O servizo marítimo e as patrullas de portos e custas da Garda Civil manterán activas as campañas de control de embarcacións de recreo e motos de auga ata o 15 de setembro. Nos últimos días, as unidades do Instituto Armado centraron a súa actividade na franxa de costa entre cabo Prior e Cedeira, co obxectivo de «mellorar a seguridade dos usuarios e velar pola seguridade na zona de baño, alén de protexer os espazos naturais».

Da cordo coa información oficial, desde o pasado 1 de xullo -data de inicio da campaña- realizáronse en augas da provincia máis de 200 inspeccións a embarcacións, das cales 50 derivaron en sanción. Desde a Garda Civil recalcan a este respecto que «todas as embarcacións de recreo, desde motos acuáticas a kaiaks» deben navegar acorde á regulamentación. «Ás veces atopámonos a catro persoas nun kaiak de dúas prazas». Son situacións que poderían acabar en rescate por unha infracción ou por inexperiencia, co consecuente risco para as persoas e o custo dos medios. Por iso, comprobar que se respecta o número máximo de tripulantes a bordo é un dos aspectos que centra a atención da Garda Civil nesta campaña. Tamén a navegación das embarcacións de menor tamaño ou «artefactos flotantes» cando o fan en augas afastadas da costa ou con circunstancias meteorolóxicas desfavorables, como poden ser o forte vento ou as correntes, debido ao «evidente risco» que pode comportar, precisamente pola sinxeleza deste tipo de embarcacións e, en ocasións, pola falta de experiencia dos seus usuarios.

Zonas prohibidas

A Garda Civil destaca como «un dos obxectivos prioritarios da campaña» previr a navegación polas zonas prohibidas, «prestando especial atención á vixilancia da zona de baño, navegación en lugares suxeitos a limitacións de acceso, como as augas do río Eume, que gozan da protección de espazo natural de As Fragas, ou a ría de Cedeira, con áreas de especial sensibilidade. De feito, en espazos como a mencionada canle eumesa é preciso unha autorización administrativa para realizar actividades deportivas e de recreo nas súas augas continentais. Tamén no río Mandeo, onde a navegación só está autorizada ás embarcacións que inicien navegación nas súas augas ou retornen aos seus puntos de atracada e fondeo habitual. Por outra banda, as patrullas da Benemérita vixían a velocidade de navegación, xa que nas entradas a portos e canles navegables a máxima regulamentaria é de só tres nós e, en todo caso, «nunca superior á mínima velocidade que garanta o pleno goberno da embarcación ou moto náutica». Nas inspeccións, os axentes comproban a documentación das embarcacións, así como a titulación náutica da persoa ao goberno e a vixencia do seguro de responsabilidade civil obrigatoria.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, Politica, Politica Local, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.