
Os traballos executaranse en Esteiro, San Román e Montoxo
A xunta de goberno local do Concello de Cedeira adxudicou obras de mellora dos camiños municipais de Ou Barral (Esteiro), Casal de María (San Román) e Ferreira ( Montoxo), por 51.042 euros. A actuación afecta a 1,6 quilómetros de vías e o prazo de execución dos traballos é de dous meses.