Volven “Los Eternos”

A banda cedeiresa protagoniza esta semana a sección Músicas de Ferrolterra, en «Voces de Ferrol»

O vocalista da banda cedeiresa “Los Eternos”, Cudi, protagoniza esta semana a sección Músicas de Ferrolterra, o espazo que forma parte do programa Voces de Ferrol que se emite a través de Radio Voz de 12 a 14 horas.

O grupo segue evolucionando, desenvolvendo melodías que transcenden o son americano característico do grupo, abrazando estilos como o pop, o country alternativo, ou o western.

A Steel guitar de Álvaro Lamas segue sendo un elemento de identidade destacado, do mesmo xeito que o predominio de harmonías e melodías, e os coidados arranxos. O grupo prepara o lanzamento de Sonora, o seu novo disco o 9 de outubro, acompañado de xira de presentación con datas xa calendadas na comarca.

Este venres están na sala Guion de Pontedeume, o 6 de novembro actuarán na Room en Ferrol e o 18 de decembro no Auditorio de Cedeira. Esta semana aproveitan a súa presenza no espazo de Radio Voz para lembrar vellos temas e presentar un adianto do novo disco.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Galicia, Música, Música (concertos), Politica, Politica Local, Xente de Cedeira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.