
O concello fai un chamamento á responsabilidade e lembra que as fincas descoidadas e cheas de vexetación ao carón das vivendas constitúen un perigo para a seguridade cidadá.
Por este motivo, considera que é primordial, e de máxima urxencia, que se limpen estas parcelas.
As persoas propietarias de fincas que a estas alturas do ano aínda continúan en mal estado recibirán, en cuestión de días, unha notificación emprazándoas a que acometan a limpeza da maleza e a retirada de especies arbóreas prohibidas de forma urxente.
Estas comunicacións inclúen un ultimato no que se advirte que se imporán sancións en caso de non actuar.
Link: http://www.cedeira.gal
¿A estas alturas?. Non me creo nada