
As melloras executaranse no pavillón polideportivo, as pistas de pádel ou a piscina municipal
Os investimentos previstos polo Concello de Cedeira para mellorar instalacións deportivas roldan os 295.000 euros. O cambio do pavimento e o marcador electrónico do polideportivo custan 189.000 euros (o goberno local ha pedido axuda á Deputación da Coruña para financiar o 80 %).
Tamén inclúe o peche das pistas de pádel (59.887) e melloras na piscina municipal (39.061).