
Arrinca unha nova campaña de investigación arqueolóxica, a terceira deste ano
Emilio Ramil, de AXA Arqueoloxía, dirixe unha nova campaña no xacemento do Campo do Castro, na punta de Ou Sarridal, en Cedeira. O Concello impulsa esta iniciativa para profundar na investigación dos restos arqueolóxicos achados nas anteriores fases.
Na última descubriuse a existencia dun templo de planta basilical, datado ao redor de finais do século IV e principios do V, o que confirma que a zona estivo habitada durante oito séculos. Son tres as campañas emprendidas este ano, financiadas por Concello e Dirección Xeral de Patrimonio.