Outro gran éxito dos moz@s acordeonistas de Cedeira

O froito dunha longa e brillante tradición musical

A Asociación Vasca de Acordeón Hauspoz de Mondragón organizou durante esta fin de semana o certame internacional de acordeón Arrasate Hiria no que Galicia e a área de Ferrol estivo representada coa participación dos 17 alumn@s do acordeonista Xavier Díaz Carrasco, vicepresidente da Asociación de Acordeonistas de Canido e ademais profesor da Escola de Música de Cedeira e fundador da laureada Asociación de Acordeóns de Cedeira, que comezou a funcionar no ano 2013 debido ao interese dos pais dos alumnos que estudaban acordeón nesa localidade.

Os mozos músicos cedeireses resultaron seleccionados no tres categorías de cámara, ademais o xurado elixiu os arranxos do tres pezas galegas. Xavier, contento tras as actuacións, comentaba que nelas trataron de reivindicar o marabilloso patrimonio musical de Galicia e que «diso e da alegría dos nenos é do que sinto máis orgulloso». Engadía que «resulta emocionante e diferente escoitar a nosa música fóra de Galicia». O domingo celebrábase a gala de entrega de premios do XXXIII Festival de Acordeón de Arrasate e o luns, tamén no Teatro Amaia, tivo lugar a Gala de Clausura dos Certames de Acordeón de Arrasate e a entrega de premios dos Certames Internacional e Gipuzkoa.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Asociación Acordeóns Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Música, Música (concertos). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.