Morre un mozo de Valdoviño que o domingo caera ao mar na zona de Pantín

A vítima fora rescatada por unha embarcación e trasladada en helicóptero á Coruña pero ás poucas horas faleceu

O Xoven Héctor González García, de 28 anos, faleceu por mor da gravidade das lesións que presentaba tras caer ao mar pouco antes das once da mañá do pasado domingo. O falecido residía na parroquia de Pantín, no municipio de Valdoviño, e o accidente produciuse na zona de Punta Curveira, nas proximidades da praia de Pantín.

A chamada dun particular alertou ao 112 de que o mozo tiña dificultades para saír da auga, polo que de inmediato organizouse un dispositivo de rescate mobilizando a Salvamento Marítimo, o Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia do 061, Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Valdoviño.

A vítima foi sacada da auga por unha lancha da Cruz Vermella de Cedeira, pero despois foi recollido polo helicóptero Helimer 401 de Salvamento Marítimo, que o trasladou ao aeroporto de Alvedro desde alí foi levado nunha ambulancia medicalizada ao Chuac, onde morreu pouco despois.

O falecido era o fillo único dunha familia moi coñecida na zona de Pantín e o suceso causou unha gran consternación na zona. Este luns pola mañá practicóuselle a autopsia e os seus restos mortais están a ser velados no tanatorio de Valdoviño.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, sucesos. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.