
A iniciativa afecta a estudantes de Primaria, ESO e Bacharelato de Mañón, Cariño, Ortigueira, Cedeira e Valdoviño
Uns 350 estudantes de Primaria, ESO e Bacharelato dos municipios de Mañón, Ortigueira, Cariño, Cedeira e Valdoviño aprenderán a navegar en embarcacións a vela a través dunha iniciativa do Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP) A Mariña-Ortegal. As actividades desenvolveranse no antigo peirao de Cedeira, nas ramplas, os pantaláns e zonas marítimas con condicións adecuadas para iso. Os rapaces recibirán unha clase práctica de tres horas, cun bloque centrado na navegación a vela e outro sobre piragüismo e navegación a remo. « Trátase de que vos rapaces teñan un primeiro contacto con este ámbito e adquiran unhas habilidades rudimentarias, que lles servan para gobernar unha embarcación con ventos frouxos e sobre unha lámina de auga moi estable», explican.
Divulgación científica O GALP tamén impulsa unha proposta educativa para fomentar o coñecemento do mar entre menores de tres a cinco anos, en todos os concellos costeiros, de Valdoviño a Ribadeo. Informan en xornadasdivulgativas@gmail.com.