
O Concello contratou a unha técnica de tempo libre para dinamizar este espazo
O centro de lecer xuvenil, pechado pola pandemia, reabrirá o día 1 de abril. O Concello de Cedeira contratou a unha técnica de tempo libre, «para dinamizar este espazo», e montou unha mesa para que os rapaces poidan producir a súa propia música. Funcionará de venres a domingo, de 17 a 20 horas.