
IN MEMORIAM… As fillas e os fillos de Cedeira asasinados na contenda das envexas, na contenda da maldade. I co meu cariño especial pr’aquela nena namorada do seu home i do seu meniño. ¡Mataron-lle o home! ¿Morrería o meniño ou mataríao o doutor? ¿Mandarían-lle mata-lo? ¿..? Maruxa….¡Cánto dor! ¡Cánta amargura! ¡Cánto sufrimento! ¡Qué lles perdoe o Señor! ¡Qué malos eran meu Deus! ¡Almas líticas….almas tépedas! desde o Carreiro o Corveiro desde Teixido a Freixido de Teixedelo o Cancelo e d’Esteiro a Piñeiro ou do Toxo a Montoxo e d’a Carballa a Santalla ou de Malde hasta Sisalde… Cánto valente morreu e cánto cobarde viveu… na contenda das envexas na contenda da maldade Cánta xentiña morreu cánta xente nos mataron cántas mulleres sen peito ou e cánto home castrado… Cánto sofreu esa xente cánto a fixeron sofrir cánto abusaron Señor cánta humillación, meu Deus. Os teus amigos meu neno neno que vas no carreiro cánto humillaron a xente só abusaban da xente Ti e os teus amigos, neno cánto humillades a xente cánto abusades meu neno escudando-vos en Deus. Decides ser xente d’igrexa… e escudades-vos en Deus non sodes xente de Deus sodes xentiña do Demo… Non son dos teus, meu Deus sonche unha xente do Demo non eran dos teus, meu Deus eran-che xente do demo… Inda que foran a igrexa… inda que vaian a igrexa… sempre che serán do Demo só se escudan en Ti… cánta maldade na ialma… ¡cánta maldade, meu Deus!. ¡Cántas mulleres sen peito! ¡cántos homiños mataron! os teus amigos, meu neno neno que vas no carreiro. Os teus amigos e a vos Gusta-vos sementar medo gusta-vos roubar os pobres e cambiar as pedras de lugar… ¡Todos da misma calaña! cántas vidas estragaron os teus amigos, meu neno ¡cántas vosoutros, meu neno! ¡Ay! Cánto dor nos deixaron os teus amigos, meu neno naceron cobardes, Señor ¡e así morreron meu Deus! Andaban sempre en rabaño porque sóios tiñan medo… morreron como naceron… ¡cómo naceron morreron! ¡Cántos mortiños deixaron tirados no teu carreiro…! tirados nas corredoiras… n’aquelas noites do Demo Tirados polas congostras n’aquelas noites aciagas n’aquelas noites do Demo ¡os teus amigos, meu neno! Eranche xente sen norte… e escudabanse en Xesús… escudabanse en meu Deus ¡e excudabanse na Igrexa! Eran-che xente do Demo non eran dos teus, meu Deus cánta xentiña mataron… ¡aqueles fillos do Demo! Ti xa non levas pistola non che fai falla, meu neno pois tes ó Demo na casa ¡para qué queres ter pistola! Non che fai falla pistola pois eres fino actuando ti non matas os homes… ¡envenenas-lles a alma!. Quitas-lles o pan dos fillos cambiando as pedras de sitio amargando-lles a vida… as familias do lugar… Non te escudes máis en Deus nin te chames a Xesús… tí non eres fillo de Deus ¡eres un fillo do Demo ! Neno que vas no carreiro nese carreiro do Inferno | Levaban correa e pistolas boina roxa e chambra azul botas de pel de becerro xugos bordados en ouro e cintos con balas da morte Bordados no peto do peito arcos e frechas…….. arcos da morte…….. frechas da morte….. Balas e balas………… todo era morte………. n’aqueles fillos do Demo que s’escudaban en Deus Eranche dos teus, meu neno neno que vas no carreiro ¡eran-che fillos do Demo! ¡non-che’ran fillos de Deus! Mataban mulleres e nenos vellos e xoves… valían-lles todos… ¡e s’eran cultos mellor! Pobre do que lera libros pobre do qu’os tivera eran veneno para eles… ¡envexaban a cultura! Boina roxa…chambra azul eran-che dos teus, meu neno neno que vas no carreiro eran-che fillos do Demo… Os teus amigos, meu neno non ch’eran fillos de Deus eran-che dos teus meu neno pois andaban no carreiro… Poñendo a Deus por excusa e a Xesús de parapeto… mataban a nosa xente… ¡xente sinxela do pobo! Envexaban a cultura… envexaban o saber… como facedes vosoutros… ¡vosa bandeira e a envexa! Excudades-vos en Deus e metedes-vos na igrexa saides só pra roubar… ou cambiar pedras de lugar. Non sodes fillos de Deus sodes os fillos do Demo todos da misma calaña… ¡boina roxa…chambra azul! Cánta bondade mataron os teus amigos, meu neno ¡ay! ¡cánta envexa pariron! ¡sementaron a maldade! ¡Cánta maldade, meu neno! cánta maldade no corpo… non ofendas mais a Deus nin t’escudes en Xesús… Xa non engañas a xente… ben te conocen…, meu neno ¡nadie se fía de ti…! ¡naide se fía …do Demo! ¡Cánta xentiña morreu! por culpa dos teus amigos dos teus amigos, meu neno ¡todos amigos do Demo! Mp’s-2002-B.V.M. |