Inauguración cunha charla explicativa, no IES Blanco Amor, da exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón”

No día de onte Mércores 27 de abril, a A.C. Memoria Histórica Democrática, tivemos a satisfacción de inaugurar cunha charla explicativa, no IES Blanco Amor, a nosa exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón” que relata como 27 republicanos, agachados durante a guerra civil na comarca de Ferrolterra, partiron de Ares, unha noite de xullo de 1939, para chegar a Francia salvando a súas vidas e como foron as súas vivencias posteriores.

É una historia, non só de supervivencia, senón tamén de xenerosidade solidaria, de sacrificios e da loita pola dignidade dun pobo.

Agradecemos moito o seu interese ao alumnado as profesoras e a dirección do centro, que tivo a atención de agasallar a nosa Asociación cunha placa de Sargadelos ,cuio motivo é Eduardo Blanco Amor que lle da nome ao Centro, pero o verdadeiro regalo é que nos permitan levar á xuventude – ao futuro – estas leccións de Historia solidaria. A todas e todos moitas grazas.

Esta entrada foi publicada en Aso. Ced. MemoriaHisto.D., Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.