A Garda Civil de Ferrol investiga unha brutal agresión a sete rapaces nunha festa en Valdoviño

CARMELA LÓPEZ

FERROL / LA VOZ

Os feitos tiveron lugar na parroquia de Vilaboa e os lesionados acabaron con ósos rotos e trabadas en distintas partes do corpo

A Garda Civil de Ferrol está a investigar o grave incidente rexistrado a noite do pasado sábado nunha festa patronal na parroquia valdoviñesa de Vilaboa, na que residen pouco máis de cen habitantes.

Sete novos de Cedeira de entre 17 e 27 anos tiveron que ser trasladados ao hospital Arquitecto Marcide de Ferrol para ser asistidos das lesións que presentaban. Un deles resultou cunha fractura nunha perna e unha ferida nun dedo dunha man causada por unha dentada e que requiriu a aplicación de 27 puntos de sutura; outro ten unha fenda na fronte que necesitou 15 puntos; outros sufriron fractura dos ósos do nariz e desprazamento do tabique nasal; outro rotura do tímpano; e outro lesións nos ósos da órbita dun ollo.

O irmán dun dos agredidos manifestou a este xornal que, segundo puideron pescudar despois, os supostos autores son un grupo de cinco ou seis novos que residen en Ferrol, aos que nin sequera coñecían de vista. Sobre a unha e media da madrugada, os membros do grupo ao que atribúen as agresións comezaron a golpear un a un ás vítimas, que non estaban todas en cuadrilla, aínda que si se coñecen porque son todos veciños de Cedeira.

Os servizos de Emerxencias Sanitarias de Galicia do 061 realizaron dous servizos esa madrugada para trasladar ao hospital Arquitecto Marcide a tres dos feridos de 25 e 26 anos e a outro menor de idade. A uns a ambulancia recolleunos ás catro menos dez da madrugada e aos outros ás seis menos vinte, xa que, ao parecer, as malleiras individualizadas sucedéronse durante gran parte da noite. Os restantes lesionados foron levados ao hospital en coches de familiares ou amigos.

Según los denunciantes, uno de los presuntos agresores también fue trasladado al hospital en una ambulancia, porque se cortó con una botella rota con la que, supuestamente, había golpeado a alguno de los chicos de Cedeira.

La comisión vecinal de las fiestas de Vilaboa manifestó a este periódico su indignación por lo ocurrido, señalando que ellos supieron de una pelea dentro de la carpa y varias fuera, por lo que avisaron a la Guardia Civil y acudieron dos vehículos, pero desconocían el alcance de lo ocurrido. «Esta é unha parroquia moi pequena, con pouco máis de cen veciños, e costounos moito traballo organizar a festa, para que despois pasen estas cousas, apuntaron.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, sucesos. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.