Rescatan o cadáver dun home que apareceu flotando no litoral de Meirás, en Valdoviño

Un bombeiro de Ferrol descendendo polos cantís para pescudar se no interior do vehículo había algunha persoa César Toimil
Carmela López

Carmela López FERROL

Nos cantís descubriuse despeñado o coche da vítima, sen ninguén no seu interior

Un helicóptero de Salvamento Marítimo rescatou este xoves ao mediodía o cadáver dun home que apareceu flotando no mar nas inmediacións do faro de Punta Frouxeira, na parroquia valdoviñesa de Meirás. Nos arredores descubriuse tamén o coche da vítima, que se había despeñado polos cantís. O falecido era natural de Valdoviño, tiña 62 anos e a súa identidade responde as iniciais M.A. C. P.

Os bombeiros de Ferrol, que se desprazaron ata o lugar do sinistro, descenderon con cordas polos cantís para inspeccionar o automóbil, comprobando que non había ninguén no interior

No lugar do suceso compareceron tamén membros da policía xudicial da Garda Civil, que son os que instrúen as dilixencias e o atestado, ademais dun médico forense que autorizou o levantamento do cadáver e o seu traslado ao Hospital Naval para practicarlle a autopsia. Mobilizouse tamén a Gardacostas de Galicia, Protección Civil e Policía Local de Valdoviño, ademais de Urxencias Sanitarias do 061.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Mar de Cedeira, sucesos. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.