Auditorio Municipal de Cedeira

Sábado 18 de xuño – 20.00 h

Incendiaria+A Quinta do Cuadrante presentan a proposta gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais impulsado por la Fundación Manuel María de Estudos Galegos :

‘A lúa vai encuberta’ de Manuel María, dirixida por Tito Asorey.

Premio María Casares 2022 á mellor adaptación – Vanesa Sotelo

Entrada: 2,5 €

Venda en taquilla o mesmo día desde unha hora antes.

Reserva anticipada desde o martes 14 até o venres 17 de xuño ás 14.00 h a través do servizo de whatsapp no número 649876614

O autor deixou unha nota no prólogo: “Esta peza teatral escribina polos anos setenta, por encargo do Grupo Teatral da Asociación Cultural Auriense que xa representara Unha vez foi o trebón. Comezados os ensaios, o grupo desfíxose”. Iso deixou escrito Manuel María pero os integrantes do grupo cos que falamos non lembran ter ensaiado a obra nin que o grupo se desfixera durante os ensaios. Aseguran non lembrar que a peza fose escrita para o Auriense pero imaxinar os ensaio nos anos 70 activou en nós unha memoria que nunca puidemos consolidar.

Na procura dunha verdade oculta, a mestura de tempos e a combinación de realidade e ficción permiten identificar o descoñecemento programado da nosa historia máis recente e a consecuente falta de conciencia dad identidade nacional galega.

A lúa vai encuberta é un espectáculo arredor da realidade galega e da loita incesante por conformar unha identidade propia, confrontándonos co noso pasado recente e as suas contradicións, desvelando un discurso que hoxe en día está sendo, senón ocultado, silenciado e que explica, en certa maneira, as razóns de por que hoxe en día o noso país ten os trazos políticos, sociais e económicos que o caracterizan.

Incendiaria e A Quinta do Cuadrante levamos a escena o texto de Manuel María como unha fonte esencial para, a través dela, entender as diferentes formas sociais e políticas que nos conformaron como país e, polo tanto, como persoas que o habitamos.

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Teatro, Traballo, Turismo, Turismo local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.