
O Concello xa subscribira convenios con outro dez entidades por 118.800 euros
As asociacións de nais e pais de alumnos do CEIP Nicolás do Río e do IES Punta Candieira recibirán 10.000 euros cada unha, a través de senllos convenios subscritos co Concello de Cedeira. A Asociación Cultural Banda de Música Vila de Cedeira obterá 11.000 euros de fondos municipais, e o colectivo A Crina, relacionado co mundo equino, 3.500. Estes 34.500 euros súmanse aos 118.800 outorgados a outras 13 entidades: Apader, ABAC, San André de Teixido, Confraría, Protección Civil, Cruz Vermella, Sobre Rodas, Mares, Arce e Escola de Música Vila de Cedeira.