«No palco van estar os da primeira Festa do Percebe, que se fixo hai xa 30 anos»

ANA GARCIA

Cristina Viu Gomila

Cristina Viu CARBALLO / LA VOZ

A zona do Roncudo estará aberta dende hoxe e os percebeiros poderán extraer produto ata a véspera da celebración. Diso falou o patrón maior de Corme, Roberto Vidal

patrón maior de Corme, Roberto Vidal Pombo, tiña seis años cando se celebrou a primeira Festa do Percebe. Non se lembra desa edición de 1992, pero a do sábado vai ser como unha volta atrás no tempo. Ademais, nesta edición está prevista unha conferencia do presidente da Fundación Titanic, o cormelán Jesús Ferreiro, e a ONCE lanzará un cupón dedicado á celebración gastronómica, que se presenta precisamente hoxe, ás 17.00 horas, na sede da confraría de pescadores. Será para o sorteo do día 10 de xullo.

—Como xurdiu a elección dos pregoeiros?

—Desde que empezamos propuxémonos que os pregoeiros foran xente que ten que ver con nós. Parécenos o máis razoable. No 2019 foi a tripulación do Helimer, polo salvamento dun percebeiro. Despois veu a pandemia. Este ano estabamos un pouco indecisos, pero ao ver que outras festas se desenvolvían con normalidade démoslle para adiante. Ademais estamos de aniversario importante así que no palco van estar os da primeira Festa do Percebe, hai xa 30 anos. Decidimos que sexan o ex patrón maior Inocencio Suárez, o exalcalde Ramón Saleta e o locutor Marcial Mouzo, que foi quen leu o pregón daquela. É unha ocasión especial. Vai presentar a actriz Estíbaliz Veiga porque nós non estamos acostumados a esta clase de cousas. Cada un deles vai contar a súa versión.

—Este ano adiantouse un pouquiño a festa, coincide tamén a data co 30 aniversario?

—Case. Era un 4 de xullo. Este ano é o 2 por culpa das mareas, porque as outras cadraban coa Virxe do Carme e coa fin de Semana de Santiago Apóstolo e non era razoable, por non amolar aos pescadores ou coincidir con moitas outras festas. Pola noite botaremos fogos artificiais porque toca soprar velas. Nunca se fixera, pero é que imos estar de celebración. Na revista que repartimos polo pobo facemos mención precisamente ás entidades e toda a xente que traballou pola festa nestes 30 anos.

—Hoxe abre ao marisqueo a selecta zona de O Roncudo. Cales son as previsións?

—No cabo ten que ser percebe bo. Desde hai un mes para aquí temos un mar máis típico de inverno, aínda que non o fixo sobre todo en decembro e xaneiro. O luns incluso houbo moi mal tempo e iso é bo para o percebe.

—Saben algo do prezo que van levar?

—Imos agardar un pouquiño para ver como van a poxas. Non sabemos se vai pagar o percebe pero contamos con que a ración estea nos 20 ou 22 euros. Non queremos subila, porque o principal é que a xente poida degustar o percebe. Vaise servir con patacas e nun prato de barro de Buño. Tamén haberá empanada de zamburiñas e de bonito, polbo, churrasco e viño.

—Canto percebe teñen previsto servir?

—Os outros anos servimos entre 800 e 900 quilos é este ano como mínimo queremos contar coa mesma cantidade ou incluso chegar aos mil quilos. Para hoxe non esperamos moi bo tempo, a ver que podemos facer, pero mañá e o venres parece que o mal tempo vai quedarse e seguramente poderemos traballar mellor.

—Que outras novidades van ter este ano?

—Un dos principais cambios e o tema da música. Falamos co señor que viña tódolos anos e as cantidades estaban ben, pero as actuacións eran as mesmas de hai sete ou oito anos. Viñeron uns disyoqueis do pobo e ofrecéronnos un cartel con 8, algúns moi coñecidos a nivel de Galicia como DJ Charlie, DJ Jossi ou DJ Roy.

—Parece un programa moi dirixido a xuventude.

—Está tratado que haberá música de baile para a xente máis maior, de máis ideade ata as 18.00 horas. Serán temas elixidos para a xente que ven degustar o percebe. Cando ao ambiente se caldee xa vai cambiar. Haberá cousas de tódolos estilos.

Link: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2022/06/29/span-langgl-palco-van-estar-os-da-primeira-festa-do-percebe-fixo-hai-xa-30-anosspan/0003_202206C29C8991.htm

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Festa do Percebe, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.