
Este sábado, a partir das 18 horas, tes unha cita na pista de #Lago coa primeira edición do #LAGOFEST. Música de autor e unha morea de versións para todos os gustos definen o cartel do festival, organizado pola @Aavv De Santiago de Lago
Arrancará con Ameisinlore, xove promesa da música e veciña da parroquia. Continuará con Os Juanpiño’s e as súas versións de artistas nacionais e internacionais como Lola Flores, Serrat ou Juan Luis Guerra. Tomará o relevo a potente voz da cantante cedeiresa Irene Caruncho, e a continuación, co patrocinio do Concello de #Valdoviño e de Cultura da Deputación da Coruña, subirase ó escenario o grupo Black para versionar aos grandes do soul como Aretha Franklin ou Otis Redding. E do soul á parte máis rockeira con McKuin e as súas versións da banda liderada por Freddie Mercury e The Infectious Side, trío de versións de blues e rock.