Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén”

Quique Vazquez

Bo día amiguiñxs do teatro afeccionado! Apuntádevos a este primeiro certame de teatro afeccionado en Cedeira, que leva como nome o da nosa compañeira Fusa 😍 a quen, xs que a coñecimos, tanto botamos en falla.

Animádevos!!

O Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén” nace coa vocación de promover actuacións de compañías de teatro afeccionado galegas e organizar actividades relacionadas co teatro que melloren a vida cultural da Vila de Cedeira, e con este nome queremos facerlle unha homenaxe a Fusa, quen tanto aportou ao noso pobo.

O prazo de inscrición será do día 10 de agosto ao día 10 de setembro de 2022.

O Certame de Teatro Afeccionado “Fusa Guillén” terá lugar os días 9, 15 e 22 de outubro de 2022 no Auditorio Municipal de Cedeira.

O horario das representacións será ás 20:00 horas os sábados 15 e 22 e ás 18.00 h o domingo 9.

Pódese descargar as bases na seguinte ligazón:

Link: http://www.cedeira.gal

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Teatro Afeccionado. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.