Innaugurada en Cedeira Exposición “ROSTROS DA MEMORIA FERROL 1972”

Onte, 31 de agosto, na Praza da Revolta, en Cedeira, quedou inaugurada a Exposición fotográfica “ROSTROS DA MEMORIA FERROL 1972”, do artista e académico Xurxo Lobato, realizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, coa colaboración das Asociacións Culturais Fuco Buxán e Memoria Histórica Democrática.

Exposición enmarcada na conmemoración do 50 Aniversario do DEZ DE MARZO 1972. Os sucesos acaecidos en Ferrol naquela data considerada “Día da Clase Obreira Galega” e que tiveron posterior trascendencia ao longo de toda Galicia
Presentóu o acto José Luis Vergara, da Sección de Cedeira de M.H:D., e interviron: o autor Xurxo Lobato, Rafael Pillado, un dos protagonistas daqueles feitos, que falou en nome das dúas Asociacións e a Concelleira de Cultura de Cedeira, Ermitas García Ríos.

A mostra se compón dos retratos actuáis de 30 persoas, das que ainda nos acompañan, en representación de cantas participaron naquel momento. Compleméntase cos nomes dos dous mortos – Amador e Daniel – dos numerosos feridos e de moitos represaliados, así como sendos textos de Ánxela Loureiro, profesora e escritora e do catedrático da USC Lourenzo Fernández.

Durante o acto Rafael Pillado firmou exemplares do libro “10 de Marzo: Un conflicto del Movimiento Obrero Gallego por la Democracia” do cal é un dos autores. A adquisición desta publicación, coordinada polo profesor e historiador José Gómez Alén, axuda a sufragar os numerosos actos que se realizan ao longo deste 50 aniversario.

Tamén se recolleron sinaturas para o traslado do Monumento ao Dez de Marzo á contigua praza dándolle máis visibilidade e resituándoo onde realmente ocorriron os sucesos.

Estará en Cedeira ata o 14 de Setembro, para continuar logo a súa itinerancia polos restantes Concellos da comarca.

Esta entrada foi publicada en A.C. Memoria H.D., Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Rostros da Memoria. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.