Correndo entre fragatas, a carreira nocturna de Ferrol penetrarà no Arsenal

Foto de archivo- Carreira Nocturna de Narón

Os amantes das carreiras populares teñen este sábado unha cita en Ferrol coa novena edición da carreira nocturna Corre por Ferrol. A proba deportiva desenvolverase en oito modalidades: absoluta, distintas categorías para menores de idade, en cadeira de rodas, handbike e invidente.

O percorrido para a categoría absoluta é de cinco quilómetros con saída e chegada á praza de Armas. As persoas que participen na cita iniciarán o percorrido ás 21.00 horas e transitarán por Rúa Dolores, praza de Amboage, rúas Arce, Real, Espartero, Baterías, paseo da mariña, rotonda do Porto, peirao e xardíns da ranita e estrada baixa do Porto ata chegar ao Arsenal Militar.

Nese punto, os deportistas entrarán ás instalacións militares pola porta da Cortina e percorrerán algúns metros polo interior do Arsenal para saír pola praza de Galicia. Desde alí continuarán pola rúa da Igrexa, praza do Callao, praza de España, rúas Real, Coruña, Dolores e praza de Armas.

As categorías menores farán un precorrido adaptado de 2.000, 1.000, 500 e 250 metros. O horario destas modalidades adiantanse con resecto á absoluta e comezará ás 20.00 horas.

As persoas interesadas en participar na carreira pódense inscribir nesta web ata este mércores ás 22.00 horas. A participación é gratuíta e a retirada de chips e dorsais poderase realizar ao longo de todo o día do venres e o sábado pola mañá no pavillón polideportivo da Malata. A tarde da carreira tamén se poderán retirar desde as 16:30 e ata as 20:00 horas na praza de Armas.

Link: https://www.ferrol360.es/corriendo-entre-fragatas-la-carrera-nocturna-de-ferrol-se-adentrara-en-el-arsenal/?fbclid=IwAR1J4aV9tL8-KQSrTPl-vZsWzaRH2yrquzSA_Q78xHDrlBFUhmZ485dGgv4

Esta entrada foi publicada en Carreira Popular, Cedeira, Comarcas, Deporte e Saude, Deporte na rúa, Deportes, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.