O Afundimento do cargueiro “Don Segundo Sombra”, na costa Cedeiresa

La Voz de Galicia, Mércores, 23 de xaneiro de 1980

Non levaba tripulantes a bordo

“Un cargueiro arxentino, que ía para o despezamento, partiuse en tres pedazos ao encallar en Punta Agudela (Cedeira)”.

Perdera o remolque que lle conducía, o «Alianza Campaña>> na tarde do luns. Por mor da perda de combustible, haberá bastantes danos nun dos lugares perceberos máis destacados.

FERROL.- ( Da nosa Delegación) “O cargueiro arxentino «Don Segundo Sombra». de 16.843 toneladas de desprazamento, construído en 1944, foi arrastrado contra a costa cedeirense ás 9,10 da mañá de onte, despois de navegar case catorce horas ao garete, tras perder o remolque que lle servía o «Alianza Campana», do mesmo pavillón. O “Don Segundo Sombra” quedou partido en tres pedazos e encallado en Punta Agudela, preto de Puta Candieira. Non levaba ningún tripulante a bordo e era conducido a Bilbao, para ser despezado. Aos danos do buque, de difícil recuperación, haberá que sumar os estragos que o seu combustible producirá na súa riqueza percebera dunha franxa de litoral carácterizada por ela. O noso correspondente en Cedeira José Antonio Pérez e o noso redactor Francisco Varela, cubriron a información.

14 HORAS AO GARETE

Ás sete e media da tarde do pasado luns, o remolcador abanderado en Arxentina «Alianza Campana» transmitiu pola súa telegrafía perder o control dun buque que traía a remolque. A súa situación naqueles momentos era a seguinte: 43 graos 35 minutos Norte, 8 graos 40 minutos Oeste. Engadiu que o barco quedaba ao garete, sen luces e sen tripulantes. O segundo despacho telegráfico do Capitán do remolcador arxentino daba conta novamente da situación do cargueiro e precisaba que derivaba cara aos 9 graos Oeste, a unha velocidade de dous nós. Anticipaba ás sete e media da mañá de onte, que en dúas horas, aproximadamente, podería chegar á costa situada entre a Punta Candieira e a bocana da Ría de Cedeira. Durante toda a noite, o << Alianza Campana>> tratou de seguir de preto ao <Don Segundo Sombra>, para informar puntualmente da súa situación. Mentres tanto, lanzou sinais acústicos coas súas sirenas e luminosas cos seus potentes reflectores, sen perder a pista do buque.

De madrugada foron escoitadas no porto de Cedeira os sinais acústicos. Inmediatamente, os patróns Manuel Freire Candales e Antonio María Bello Leonardo dirixíronse en automóbil ata o adro da Capela de San Antonio de Curbeiro, que domina a entrada ao porto Cedeiré. Desde alí observaron os escintileos e refachos luminosas do remolcador, e enfocaron cara ao lugar dos faros do seu coche. O buque respondeu novamente a este sinal proxectado desde terra. Ambos os patróns emprenderon, sen perda de tempo, viaxe de regreso cara ao porto.

Unha vez na lonxa, solicitaron dos mariñeiros presentes voluntarios para facerse á mar, que estaba en moi malas condicións (os partes emitidos poucas horas antes informaban de vento atemporalado e mar moi grosa do NO). A impresión xeral era que se trataba dun buque en dificultades, e temíase pola sorte da súa tripulación. Conseguido o número de mariñeiros suficiente, Manuel Freire Candales fíxose ao mar co << San Fernando>> e Antonio María Bello Leonardo partiu co <<Touliña>>. Cando deixaron atrás a bocana da Ría de Cedeira, avistaron ao cargueiro e merodearon pola zona durante unha hora, aproximadamente, ata que o << Don Segundo Sombra>>, encallou nos cantís de Punta Agudela, nas proximidades doutro cabo coñecido, o Punta Candieira ou Candelaria. Trátase dunha franxa da costa que se cobrou xa un bo número de buques e vítimas.

EN TRES PEDAZOS

Ao sufrir o encontronazo, o << Don Segundo Sombra>> partiuse en tres pedazos. A popa e as adegas centrais quedaron sobre a costa, e a proa saíu novamente lanzada polas fortes ondas. Aproximadamente ás doce do mediodía de onte, encallaba tamén a proa do barco arxentino, preto de onde se atopaban os outros dous pedazos. A remolcador << Alianza Campana>> partía con rumbo ao porto da Coruña. Os pesqueiros << Touliña>> e << San Fernando>> con base en Cedeira, comprobaron que o buque non levaba tripulantes – obxectivo da súa saída-, regresaron á súa base.

Xa desde o primeiro momento da violenta varada do << Don Segundo Sombra>>, apreciáronse sobre o mar grandes manchas de combustible, que as ondas lanzaban contra os cantís. Este feito, segundo difundiuse na vila cedeiresa, significará importantes perdas nun dos máis destacados lugares percebeiros da costa deste termo municipal, polo menos durante bastantes anos.

Dende o momento que se tivo coñecemento do suceso, os feitos foron seguidos de preto polo axudante de marína de Ortigueira, tenente de navío Raimundo Rodríguez Gómez. As características do << Don Segundo Sombra>> son as seguintes: bulkarrier construído en 1.944, matriculado en Arxentina, de 10.843 toneladas de rexistro bruto, 19.614 toneladas de desprazamento, 159 metros de eslora, 20 de manga, 9,51 de puntal, e propulsión encomendada a turbinas. Datos facilitados, do

<< LloydRegistred>>, pola consignataria << Antón Martín>> de Ferrol. Habia partido do porto arxentino de San Nicolás e dirixíase a Bilbao para ser despezado.

NON QUEREN FACER DECLARACIÓNS

Sobre as catro da tarde de onte, a remolcador <Alianza Campana> chegou ao porto coruñes. Estaba tripulado por catro oficiais dous engraxadores e cinco mariñeiros, todos de nacionalidade arxentina.

O seu capitán Raúl Lanata negouse rotundamente a facer declaracións en torno ao sinistro, alegando que recibira, en tal sentido ordes moi concretas de casa armadora.

AUGA POTABLE

O remolcador << Alianza Campana>> atracou ao peirao de Méndez Núñez, moi preto do recuncho que forma o peirao Almirante Vierna. Trátase dun moderno buque, de 824 toneladas de tregistro brutoy 44 metros de eslora.

FALA UN MARIÑEIRO

Un dos mariñeiros do << Alianza Campana>> non tivo reparo para falarnos do contratempo, pois dixo que non se lle deu ordenes contrarias. Declarou que se chama Gabriel Solís e que, ao longo da noite do luns ao martes estivo a traballar sen cesar, xunto ao resto da tripulación, tentando restablecer o remolque do << Don Segundo Sombra>> . Engadiu que as ondas terían uns seis metros de altura, cousa ao que non estaban afeitos nos mares arxentinos. Tamén dixo que saíran do porto de San Nicolás, no Río Paraná, o pasado 19 de decembro.

Esta entrada foi publicada en Afundimentos costa Cedeiresa, Cedeira, Comarcas, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, sucesos, Temporal. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.