O Concello de Cedeira presenta novos achados no Castro Sarridal e solicita unha nova actuación

Na última campaña avanzouse na recuperación do torreón defensivo e escavouse o foxo, entre outras accións | cedida

REDACCIÓN 

 6 DE SEPTIEMBRE DE 2022,

O Concello de Cedeira solicita outra colaboración autonómica para levar adiante os traballos de consolidación dos restos achados recentemente no Castro Sarridal. A intención é preparar un proxecto que incluiría a construción dunha ponte de madeira que permita o paso ao mesmo tempo que deixe á vista unha parte do xacemento que está oculta.
 

Patrimonio dispón de 14.500 euros para financiar a campaña, que abarcará 22 días deste mes, nos que se limpará, consolidará e protexerán as estruturas descubertas na anterior intervención.

“Sabemos que estivo habitado durante case mil anos, desde os séculos III ou IV antes de Cristo ata o IV ou V despois de Cristo, con dúas etapas diferenciadas, a castrexa e a galaico-romana”, comenta o arqueólogo, Emilio Ramil.
 

O camiño que existe oculta os restos do empedrado orixinal da época castrexa e o da etapa galaico-romana construido sobre o foxo castrexo. Así pois, o seu levantamento axudaría moito a clarexar a evolución histórica do castro e “serviría para ter unha idea completa do que foi o asentamento”, segundo Ramil.
 

A última campaña desenvolta en agosto, financiada polo Concello, dirixiuse a ampliar a superficie recuperada das estruturas defensivas do Castro Sarridal. No informe redactado polo arqueólogo recóllese que durante os traballos atopáronse varios elementos interesantes ao lado do foxo. Estes achados de relevancia histórica son un empedrado castrexo, seguido dun enlousado da época galaico-romana e tres muros castrexos rotos entre si, foxas con cantos rodados e parte dunha tumba de laxas.
 

Na reunión mantida para presentar os achados e solicitar a nova intervención, o alcalde de Cedeira agradeceu a colaboración de Mª Xosé Rodríguez, concelleira do BNG e arqueóloga.

Link: http://www.diariodeferrol.com/articulo/comarcas/concello-cedeira-presenta-novos-achados-no-castro-sarridal-e-solicita-unha-nova-actuacion-3877271

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, Traballo, Turismo, Turismo local, xeoparque. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.