SOS IES Punta Candieira

NOVIDADES

Na asamblea de ontes tomáronse as seguintes medidas relevantes:

– A presenza de membros da Plataforma así como representantes políticos locais na sesión de educación, mañá no Parlamento Galego.

Data límite da recollida de sinaturas, o xoves 15 para poder entregalas no Concello e contabilizalas.

– Proposta de peche no IES o fin de semana en forma de protesta. (para non influir no desenvolvemento das clases).

A Consellería deu resposta á solicitude da corporación municipal pero relegando a reunión á xefatura territorial de educación. Isto, tanto Concello como Plataforma, non estamos dacordo xa que a solicitude de reunión foi co conselleiro. Seguirase insistindo para intentar conseguila.

Tralo comezo de curso e os diversos movementos da Xunta cedendo 3 mestres, os recortes no IES quedan así:

– Acábanse os reforzos educativos de Lingua Castelá e Matemáticas en 2º e 3º de ESO. Non se poden facer grupos pequenos en ningún dos dous cursos nin tampouco en 3°.

– Levan as ratios ata o máximo para así recortar as horas de profesorado.

– Non hai desdobres para Laboratorio (Física e Química e Ciencias), co cal non poden facer prácticas e serán materias só teóricas.

– As materias optativas teñen que facerse á mesma hora con moito máis alumnado por aula. Esta coincidencia leva a que se hai dous grupos da mesma materia só poderán dispoñer dunha aula específica co cal un dos grupos carecerá do material necesario para levar a cabo a formación.

– Desaparición do Bacharelato de Adultos.

– Tamén podería desaparecer a ESA se non se consiguen un mínimo de 10 alumnos.

– Redución en 1º e 2º de Bac das materias optativas, xa que non hai horario de profesorado para ofrecelas. Grupos de optativas máis numerosos.

– Aumento da ratio en Bac ata 34 alumnos.

– A Biblioteca Escolar só podería cubrir un terzo do seu horario por falta de disposición horaria.

– No caso de haber un problema na aula non habería horarios para atender o problema de forma integradora, por non ter equipo de mediación de conflictos, polo que o alumnado sería sancionado sen previa posibilidade de solución mediada en dita aula.

– Merma no horario para desenvolver os proxectos levados a cabo polo centro: Erasmus, Plan Dixital, Igualdade, Convivencia, etc

-Problemática nos horarios das gardas. Menos profesores de garda por hora.

– A menor oferta de materias optativas en 1º e 2º de Bac afectará na ponderación da nota final que poidan necesitar para acceder a estudos superiores, tanto Universidade como Ciclos Superiores, creándose situacións nas que por exemplo non poidan cursas optativas que despois requiren certas carreiras, polo que terían que ir a un centro fóra de Cedeira para cursar o Bacharelato.

#sosiespuntacandieira

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, SOS IES Punta Candieira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.