Peche contra o recorte do profesorado no IES de Cedeira

Representantes de SOS Punta Candieira durante o peche contra o recorte do profesorado do centro.

Mañá ás 20.00 horas a plataforma SOS IES Punta Candieira fará entrega das firmas solicitadas, que serán enviadas á Valedora do Pobo e á Consellería de Educación

O colectivo SOS IES Punta Candieira, conformado por familiares, alumnos e profesorado, permanece desde a noite do venres nas instalacións do centro educativo. O obxectivo, reverter a decisión da Consellería de Educación de reducir en once o número de docentes para o presente curso escolar. Con este peche, que finalizará hoxe, a plataforma visibiliza a súa desconformidade coa decisión da Xunta. Neste sentido, avanzan que está previsto intensificar as protestas.

Durante a xornada de mañá, luns, está previsto, ademais, facer entrega no Concello de Cedeira das máis de 2.000 firmas que lograron recompilar contra o recorte do profesorado no centro. Deste xeito, animan á cidadanía para participar desta cita, que se desenvolverá ás 20.00 horas. As rúbricas serán enviadas á Valedora do Pobo e á Consellería de Educación.

Link: http://www.lavozdegalicia.es

Esta entrada foi publicada en Cedeira, Comarcas, Cultura, Fotos de Cedeira, Fotos Galicia, Galicia, Politica, Politica Local, SOS IES Punta Candieira. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.